#GALICIAENVINILO
Galicia en vinilo: Un concurso para capturar a esencia da nosa terra
En AceroLED, apaixónanos crear, innovar e deixar pegada en cada proxecto. Por iso, xunto co Atelier de Fotografía, organizamos o concurso fotográfico #GaliciaEnVinilo, unha iniciativa que nos permitiu descubrir e celebrar a creatividade de fotógrafos de toda Galicia.
#gALICIAENVINILO

Unha exposición para celebrar o talento galego
Durante semanas, recibimos imaxes incribles que reflectían a esencia da nosa terra, dende as súas paisaxes ata a súa xente e a súa cultura. Cada fotografía contaba unha historia, e o resultado foi unha exposición única coas dez mellores propostas seleccionadas polo xurado..
O venres 14 de febreiro inauguramos a exposición no Atelier de Fotografía (Praciña da Cortaduría, 3 – A Coruña), un espazo onde cada imaxe brillou con luz propia. A mostra permaneceu aberta ata o 4 de marzo, dando a todos a oportunidade de achegarse e gozar do talento dos finalistas.
A inauguración foi un momento especial: non só premiamos aos tres gañadores do certame, senón que tamén reunimos a fotógrafos, colaboradores e amantes da fotografía nun evento cheo de inspiración e boas conversas.

Un proxecto que non sería posible sen os nosos colaboradores
Este concurso foi un éxito grazas ao apoio de quen confiou en nós e quixo formar parte desta iniciativa. Queremos agradecer especialmente a todas as empresas colaboradoras que nos acompañaron nesta aventura:
Bico de Xeado
Feitizos de Sabor
Morriñas de Castaña
Maruxas de Nata
A Factoría do Lume
Algas Portomuíños
Cafés Candelas
Tac! Activa tu marca
Olivella Cakes
Martietas de Fío
Orballo
Cada un deles sumou valor a esta experiencia, e o público quedou encantado cos produtos e detalles que fixeron aínda máis especial esta edición.

UN EVENTO QUE NOS INVITA A SEGUIR CREANDO
O impacto de "Galicia en Vinilo" foi incrible. Non só nos permitiu visibilizar o talento fotográfico da nosa comunidade, senón que tamén fortaleceu a conexión entre arte, empresa e cultura. En AceroLED, seguimos apostando por proxectos que deixen pegada e xeren experiencias memorables. Despois da gran acollida desta primeira edición, sabemos que isto é só o comezo. Grazas a todos por formar parte desta historia!
UN PROXECTO QUE NOS INVITA A SEGUIR CREANDO
O impacto de "Galicia en Vinilo" foi incrible. Non só nos permitiu visibilizar o talento fotográfico da nosa comunidade, senón que tamén fortaleceu a conexión entre arte, empresa e cultura. En AceroLED, seguimos apostando por proxectos que deixen pegada e xeren experiencias memorables. Despois da gran acollida desta primeira edición, sabemos que isto é só o comezo. Grazas a todos por formar parte desta historia!
PROXECTOS RELACIONADOS
TES ALGÚN PROXECTO EN MENTE?